O alcalde Fernando Suárez delegación alemá que visita Ribadeo en intercambio co IES Ribadeo Dionisio Gamallo

TerraChaXa | AMariñaXa
28 Mar 2019

Comezaron xa as actividades da delegación de 21 estudantes e 2 profesoras de Dusslingen (Alemaña) que participa nun intercambio co IES Ribadeo Dionisio Gamallo, proxecto europeo cofinanciado polo programa Erasmus+. Foron recibidos onte no Concello ribadense polo alcalde, Fernando Suárez.

O profesor e coordinador de proxectos europeos do IES Ribadeo Dionisio Gamallo, Manel Yáñez Dablanca, explicou que “a primeira xornada iniciouse coa chegada do alumnado ao centro ás oito e media da mañá, ensinámoslles as instalacións, ás 09:20 tivemos unha recepción co director, Alfonso Piñeiro, e cun vídeo con imaxes de Ribadeo, a súa ría e os arredores entraron en contacto coas singularidades da vila e o noso centro. Despois asistiron a unha clase coa profesora Susi Besteiro sobre as peculiaridades da nosa costa e as nosas praias, especialmente dunha das máis bonitas do mundo como é As Catedrais. Despois tivemos unha recepción no Concello co alcalde, Fernando Suárez; la concelleira de Turismo, Ana Martínez, e coa técnica de turismo do Concello, Begoña García, que ó acabar este acto no salón de plenos municipal acompañounos nun paseo polo Ribadeo Indiano, explicándolles as casas, a orixen e o porqué dese fenómeno social, ás veces triste e dramático e noutras ocasións alegre e proveitoso para as vilas de orixe como a nosa. E pola tarde xuntáronse de novo no instituto para realizar unha serie de xogos interculturais e unha mostra de folclore que protagonizou o alumnado”.

O xoves, irán á Coruña para recorrer lugares de interese como a Torre de Hércules, a Casa dos Peixes, a Domus e a Casa das Ciencias. E o venres visitarán Santiago, “a capital da nosa comunidade e o centro dunha das rutas históricas e relixiosas máis importantes da humanidade. Faremos dous quilómetros do Camiño de Santiago e iremos ata o Parlamento, onde teremos unha visita guiada, e pola tarde visitaremos a catedral. A fin de semana pasarano coas familias e o luns visitaremos Asturias, con paradas en Tapia, para ver o museo de Casas Palacio, e chegaremos ata Xixón. De volta pararemos en Cudillero e Puerto de Vega. O martes recorreremos a costa mariñá e iremos ata Estaca de Bares, que é o punto máis septentrional de la península. De camiño pararemos en Burela, para visitar o barco museo e a lonxa, e en San Cibrao iremos ó Museo do Mar e a unha carpintería de ribera. También visitaremos Viveiro, para ver o eucaliptal de Chavín, e no Vicedo iremos ó Fuciño do Porco. Así terminarán as actividades aquí porque o mércores de madrugada marchan de Ribadeo en autobús con destino ó aeroporto de Madrid”, anunciou Manel Yáñez.

0.18041801452637