O alcalde ourolés agarda que en 2023 abra o centro de día para maiores
O alcalde socialista de Ourol, José Luis Pajón, continúa negociando coas administracións competentes para que o centro de día e residencia previstos, segundo os seus propios cálculos, estean abertos a finais de 2023.
Pajón lembra que xa hai asinado un convenio coa Deputación de Lugo que se mantén dado o compromiso recente do presidente provincial de continuar cos proxectos en marcha.
Para iso, o Concello aproveita o solar do antigo colexio que pechou hai un lustro.
O centro de día con residencia custarán 1,6 millóns de euros, dos que o Concello de Ourol aportará 200.000 euros en catro anualidades.
Terá capacidade para acoller a 20 residentes e a outros 20 o centro de día.
Namentres, Ourol atende a 23 persoas no servizo de dependencia e outros 18 polo de libre concorrencia. Hai doce persoas contratadas para atender a estas persoas e o Concello adxudicóulle a unha empresa a atención aos dependentes para os domingos e festivos.