O almanaque histórico das Pontes xa compilou máis de 500 efemérides

TerraChaXa
O proceso participativo para o deseño dun almanaque histórico das Pontes, nace co obxectivo de recoller as efemérides e acontecementos
almanaque as pontes lorena
4 Maio 2021

O proceso participativo para o deseño dun almanaque histórico 2022 das Pontes, iniciativa que nace co obxectivo de recoller as efemérides e acontecementos máis significativos para a comunidade local e plasmalas nun calendario construído colectivamente, xa compilou, desde a súa presentación publica o pasado 25 de marzo, máis de 500 efemérides locais. 

A concelleira responsable da iniciativa, Lorena Tenreiro, destaca que “desde o lanzamento do proxecto  xa participaron máis de 30 entidades e persoas a título particular que achegaron os acontecementos importantes para cada unha delas e esperamos que aínda participen moitas máis entidades. Nuns días comezaremos a realizar encontros telemáticos con diferentes asociacións da vila co obxectivo de seguir recompilando máis datas e datos que nos permitan lembrar e reconstruír a historia da nosa vila”

Entre as entidades que xa tiveron un rol activo no proceso de participación, atópanse as asociacións veciñais tanto da vila como das parroquias. Todas elas achegaron a súa data de constitución e a maiores algúns eventos relevantes como, por exemplo, apertura de locais sociais, principais actividades organizadas e demais acontecementos destacados da súa propia historia. 

Por outra banda, moitas entidades deportivas tamén achegaron as súas datas de fundación e os seus logros deportivos máis relevantes alcanzados polos seus membros. Ademais, o ámbito cultural e artístico estase a levar unha parte importante das datas que serán incluídas no almanaque.

Os temas que están a ser enviados pola cidadanía é moi variado, algúns dos máis chamativos son o terremoto percibido na vila que tivo lugar en maio de 1997 ou a inauguración  do Grupo de  Vivendas Calvo Sotelo, coñecidas popularmente como as Casas Baratas do Campo da Feira en xaneiro de 1956. 

Dende o punto de vista musical, lémbrase o concerto de  Loquillo no Nabiza Rock de 2007. E no ámbito político, proponse citar  o nomeamento do alcalde das Pontes como presidente da Deputación da Coruña ou a presenza en xullo de 1976 duns recentemente coroados Reis de España. 

O proceso continúa aberto e tanto as achegas das entidades como da cidadanía poden seguir sendo enviadas ao Concello, tanto por  email ao enderezo almanaqueaspontes@gmail.com, por whatsApp no teléfono 604.025.160 ou a través dun buzón de efemérides https://deloga.typeform.com/to/FhrKrh1b

almanaque as pontes lorena 2
0.15943813323975