O anpa do CEIP Otero Pedrayo de Rábade organiza unha escola de pais sobre violencia

TerraChaXa | LugoXa
A Anpa do CEIP Otero Predayo de Rábade organiza unha Escola de Nais e Pais para este venres, 25 de novembro, nas instalacións do centro. 
escola pais violencia rabade portada
escola pais violencia rabade portada
24 Nov 2022

A Anpa do CEIP Otero Predayo de Rábade organiza unha Escola de Nais e Pais para este venres, 25 de novembro, nas instalacións do centro.

Esta actividade enmárcase dentro do programa de acción familiar contra a violencia e nela os pais e nais poderán obter pautas e ferramentas para resolver situacións de violencia.

Haberá un monitor coas nenas e nenos realizando xogos mentres se fai a reunión, que será de 18.00 a 19.00 horas.

Esta actividade está aberta a todos os pais que o desenxen, sexan ou non  membros a asociación.

OBRADOIRO

Por outra banda, a anpa convocou tamén un obradoiro de creación audiovisual dirixido a alumnos e alumnas do centro que se realizará polas tardes.

O obxectivo é a realización e produción de curtametraxes.

Para esta actividade será necesaria a inscrición previa no teléfono 622 957 483.

escola pais violencia rabade
0.074465990066528