O anpa do colexio de Rábade, contra a unificación de dous cursos
TerraChaXa | LugoXa
A Asociación de Nais e Pais de Alumnos do CEIP Otero Pedrayo convocaron para hoxe unha reunión con toda a veciñanza para falar da decisión da Consellería de Educación de unificar as aulas de 4º e 5º curso cara o próximo ano lectivo.
7 sep 2023

O colectivo considera esta decisión “totalmente perxudicial para os pequenos” xa que se trata da unión de dous cursos de distinto ciclo onde, ademais, hai rapaces con necesidades especiais que lles resultaría máis costoso o cambio.
Esta reunión terá lugar ás 20.30 horas, diante do colexio e invitan a asistir todo aquel que queira para “salvar a escola de Rábade”.