O Antía Cal de Muras organiza obradoiros e unha charla aberta sobre igualdade

TerraChaXa
A ANPA do CEIP Antía Cal Vázquez de Muras organiza uns obradoiro co título Educación en igualdade para famlias, que dan comezo hoxe.
igualdade home e muller
igualdade home e muller
2 Nov 2022

A ANPA do CEIP Antía Cal Vázquez de Muras organiza uns obradoiro co título Educación en igualdade para famlias, que dan comezo hoxe.

Estes obradoiros, que suman actividades coeducativas a través do cine e o teatro para alumnado de infantil e primaria no colexio, serán do 2 ao 7 de novembro.

Para completar estas accións, a ANPA convida as nais e pais a unha charla de educación en igualdade impartida por Pilar Porral, xornalista e fundadora de Coeduc@ este xoves 3 de novembro de 2022 ás 17:00 no Salón de Plenos do Concello de Muras.

Estas actividades están subvencionadas pola Secretaría Xeral de Igualdade e financiadas polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

OBRADOIRO IGUALDADE MURAS
0.098456859588623