O Anxo Carro acollerá o Lugo-Barça B con entradas dispoñibles para nenas e nenos da Pastoriza

O Estadio Anxo Carro será o escenario do emocionante encontro entre o CD Lugo e o Barça B o vindeiro sábado 4 de maio ás 12:00 horas.
O Concello da Pastoriza ofrece entradas gratuítas para todas as nenas e nenos empadroados no concello, sempre que estean acompañados por unha persoa adulta. As entradas poden recollerse nas oficinas do Concello da Pastoriza este martes, desde as 9.00 horas ata esgotar existencias.
Este evento conta coa colaboración do Club Deportivo Lugo, nunha iniciativa que busca fomentar o deporte entre a mocidade local.