O arcebispo de Santiago será o pregoeiro do Nadal de Begonte

TerraChaXa
O novo Arcebispo de Santiago, mons. Francisco José Prieto Fernández, vai ser o pregoeiro do Nadal de Begonte na súa 52ª edición.
arcebispo de santiago
20 Xuño 2023

O novo arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto Fernández, vai ser o pregoeiro do Nadal de Begonte na súa 52ª edición.

A directiva do Belén de Begonte púxose en contacto con Monseñor Prieto para darlle a benvida ao goberno da Arquidiocese e para convidalo a ser o pregoeiro do Nadal en Begonte, o próximo 2 de decembro, aceptando con agrado o convite, sinalando que tiña noticias do Belén (mesmo referíndose á denominación de Begonte do Belén), agardando máis adiante ter unha reunión e así ir coñecendo o ambiente que envolve ao Belén electrónico de Begonte.

"A aceptación do novo arcebispo enche de ledicia ás xentes do Belén, e significa a continuación da tradición de que os últimos arcebispos de Compostela, como os últimos bispos de Mondoñedo-Ferrol e os últimos de Lugo fosen pregoeiros do Belén e do Nadal en Begonte", din desde a directiva da asociación.

0.19430994987488