O arqueiro Miguel Alvariño gaña en Segovia e o Sílex queda terceiro en equipos
O seteiro pontés Miguel Alvariño fixe un dobrete esta fin de semana no Gran Premio de España Ciudad de Segovia mentres que os integrantes do Club Sílex subíronse ao podio.
Miguel Alvariño o encargado de subirse ao máis alto do podio na cita de recurvo. Neste mesmo cadro de recurvo, os seus compañeiros Daniel González e Pedro Pina conseguiron acceder tamén ao cadro final. Precisamente Alvariño foi o verdugo de Pina en cuartos de final, mentres que González caeu no seu primeiro duelo directo por 4-6.
Estes tres tiradores puideron subirse todos xuntos ao podio na competición por equipos. Nesta cita, o conxunto do Sílex Yumenoshima 20 embolsouse a medalla de bronce, despois de vencer neste último enfrontamento ao Villa de Valdemoro.
Os ponteses quedaron fóra da final tras caer ante o Almussafes Xics. Mentres, na competición de arco composto, Xaquín Mira, que chegaba despois de facerse co bronce no Campionato de España, quedou nesta ocasión ás portas do podio. O pontés terminou quinto.