O Atletismo Friol volve á competición con bos resultados

TerraChaXa | LugoXa
Os deportistas do club Atletismo Friol regresaron á competición tras o levantamento das restricións establecidas no deporte.
Grupo Pontevedra_atletismo_friol_portada
23 Feb 2021

Os deportistas do club Atletismo Friol regresaron á competición tras o levantamento das restricións establecidas no deporte a causa da pandemia da covid-19, que dende xaneiro impedía a celebración de competicións de rango autonómico na comunidade.

Así, a primeira en debutar foi Nerea Montes, que acudía á pista cuberta de Expourense para a disputa de dúas probas. Así, Nerea lograba a quinta posición na súa serie dos 60 metros valos cun tempo de 11.26 segundos, mentras que finalizaba na séptima posición dos 60 metros lisos cunha marca de 9.40 segundos.

Pola súa parte, María Carballido lograba a segunda posición absoluta na proba dos 1.500 metros lisos disputado en Pontevedra, onde marcaba un tempo final de 4.56 minutos na liña de meta, mentras que Nerea Lage o facía na terceira posición co mesmo tempo.

Por último, Cristian Montecelo tamén tomaba parte en dúas probas, nos 400 metros lisos entraba en segunda posición cun tempo de 54.26 segundos, mentras que na proba dos 800 metros lisos conquería a cuarta posición cun rexistro de 2.00 minutos

Grupo Pontevedra_atletismo_friol
0.19068598747253