O auditorio de Vilalba acollerá un concerto de corais este venres

TerraChaXa
O evento contará coa actuación da Coral Amigos do Camiño de Santiago de Lugo, a Coral Polifónica Vilalbesa e a Coral Luar
concerto-de-corais-vilalba
15 May 2025

Este venres, 16 de maio, ás 20:30 horas, o auditorio municipal de Vilalba será escenario dun concerto de corais, no que participarán tres agrupacións corais destacadas da provincia.

O evento contará coa actuación da Coral Amigos do Camiño de Santiago de Lugo, a Coral Polifónica Vilalbesa e a Coral Luar, que organiza o concerto coa colaboración do Concello de Vilalba.

A entrada é libre ata completar aforo.

⚙ Configurar cookies
0.17577791213989