O auditorio de Vilalba acolle mañá o espectáculo Tras os vieiros de Florencio
O auditorio municipal de Vilalba acolle mañá domingo 17 de abril o espectáculo Tras os vieiros de Florencio e enmárcase dentro do Programa FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Esta obra, que será ás 18.00 horas, fala sobre a década dos 60 e do visitador farmacéutico Florencio D. Gurriarán. Logo duns días exercendo pola contorna de Guadalaxara chega a casa canso, cheo de sede e cargado co seu maletín de visitador. Ante a presenza inesperada dos espectadores describe o seu día a día de axente comercial pola rexión véndose a si mesmo como unha especie de Ulises. Pouco a pouco, axudándose dos elementos que leva no maletín e embargado pola saudade, van aflorando as lembranzas do seu Córgomo natal, a guerra, a chegada ao seu país de acollida e algúns momentos festivos.