O auditorio vilalbés acolle este domingo a obra 'Vía Morta'

TerraChaXa
Este domingo 31 de marzo, ás 20.
via morta vilalba portada
28 Mar 2024

Este domingo 31 de marzo, ás 20.00 horas chega ao Auditorio vilalbés a obra baseada na experiencia directa de Paiasos en Rebeldía en campos de refuxiados en Grecia e Palestina.

Cunha proposta inmersiva, en Vía Morta non hai escenario nin sala de butacas: o teatro enteiro convértese nun campamento e o público asistente forma parte del.

Vía Morta pretende ser, máis que un espectáculo teatral, unha experiencia a través do teatro. Unha montaxe teatral que pretende traer a realidade dos refuxiados e refuxiadas ao público de Galicia a través dunha proposta que converte ao espectador nun refuxiado máis.

A obra denuncia a traxedia que as políticas migratorias da UE están a provocar. O teatro non pode permanecer impasible ante a deliberada política de esquecemento á que as persoas refuxiadas son hoxe sometidas. Este espectáculo fálanos sobre a triste situación dos millóns de refuxiados e refuxiadas aos que, aínda hoxe, a Unión Europea pecha as súas portas.

0.20570707321167