O auditorio vilalbés acolle este sábado a entrega do Premio Agustín Fernández Paz

TerraChaXa
Durante o acto, irán producíndose distintas actuacións relacionadas coa música, coa danza, coa poesía, coa palabra e coa imaxe
entrega-premio-agustin-fernandez-paz
22 Out 2024

O Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan o acto de entrega do VII Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade á escritora gañadora, Andrea Barreira, polo seu libro Quen precisa unha avoa?, que terá lugar o sábado, día 26 de outubro, ás 20:00 horas, no auditorio municipal de Vilalba.

O referido acto será presentado por Carmen Hermida e contará coas intervencións de Marisa Barreiro, presidenta do Iescha; Marta Rouco, alcaldesa de Vilalba; Fran Alonso, director de Edicións Xerais de Galicia; Manuel Bragado, membro do xurado, e Andrea Barreira, gañadora do VII Premio Agustín Fernández Paz.

Durante o acto, irán producíndose distintas actuacións relacionadas coa música, coa danza, coa poesía, coa palabra, coa imaxe, etc. Para isto, contarán coa participación de alumnado do IES Basanta Silva, a Banda de Música de Vilalba, Pablo del Valle e Corredores de Sombra.

Para a linguaxe de signos contarán coa Asociación de Xordos de Lugo (Axorlu). Nalgún momento do acto, darase lectura ao ditame do xurado do VIII Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade.

A entrada é de balde, pero haberá que reservala con antelación na páxina web do Concello, directamente na Casa da Cultura ou o mesmo día do acto na billeteira do Auditorio, sempre e cando quedasen asentos libres.

0.14750385284424