O Automóvil Club As Pontes recibe un premio como organizador do Campionato de Galicia de Slalom 2025

O pasado sábado a Federación Galega de Automobilismo celebrou a súa habitual Gala FGA anual, na cal fixo entrega dos trofeos aos gañadores dos distintos campionatos, copas e trofeos celebrados durante o ano 2025, así como tamén se recoñeceu o traballo dos distintos organizadores e colaboradores do organismo.
Este ano, o Automóvil Club As Pontes, entidade organizadora do 6º Slalom Vila de As Pontes recibiu o trofeo ao mellor comité organizador no Campionato de Galicia de Slalom 2025.
"Dende o Automóvil Club As Pontes, queremos agradecer a FGA a entrega deste trofeo, que resume o esforzo realizado durante todo o ano por parte dos integrantes de esta entidade", dixeron desde a organización.
"Tamén queremos agradecer o traballo feito polos integrantes de ACAP, voluntarios, así como a Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, concello das Pontes e a todas as entidades e empresas patrocinadoras, posto que sen a súa colaboración non seríamos capaces de levar a diante este e outros eventos realizados", concluíron.