O Automóvil Club das Pontes presenta o seu libro sobre a historia deste deporte
TerraChaXa
Este venres 17, ás 20:00 horas, no auditorio da Casa Dopeso, o Automóvil Club presentará o seu libro Historia gráfica do automobilismo.
16 Feb 2023
Este venres, 17 de febreiro, ás 20:00 horas, no auditorio da Casa Dopeso das Pontes, o Automóvil Club presentará o seu libro Historia gráfica do automobilismo nas Pontes.
Trátase dunha obra única e limitada con máis de 240 páxinas e máis de 500 fotos que se poderá comprar a partir do próximo 17 de febreiro ás 20:00 no Kiosko do Barreiro (Poboado do Barreiro, 62), na páxina web do club e no auditorio Casa Dopeso onde realizarán a presentación.