O avogado vilalbés Daniel Formoso presenta o seu libro 'El maravilloso arte de ejercer la abogacía'

TerraChaXa
O libro nace da experiencia profesional do autor e da detección dunha carencia clara na formación xurídica en España
daniel-formoso-arte-abogacia
26 Feb 2026

Vilalba acollerá o este venres 27 de febreiro a presentación do libro El maravilloso arte de ejercer la abogacía, unha obra asinada polo avogado Daniel Formoso Pérez, natural da capital chairega. O acto terá lugar na sala de exposicións do auditorio municipal e está organizado polo Concello de Vilalba.

Daniel Formoso, de 62 anos, exerce a avogacía en Vigo desde hai décadas, aínda que nunca perdeu a súa vinculación coa súa vila natal. Traballa en Vigo con despacho profesional e tamén é profesor de Oratoria e Comunicación en diversos colexios profesionais e universidades.

O libro nace da experiencia profesional do autor e da detección dunha carencia clara na formación xurídica en España. Segundo explica Formoso, a ensinanza universitaria céntrase na acumulación de coñecementos teóricos, pero non prepara aos futuros avogados para desenvolverse con soltura diante dun xuíz ou nunha sala de vistas. “Saes da carreira sen saber exercer”, afirma.

Consulta a entrevista completa ao autor neste enlace.

0.11637115478516