O Ballet de Kiev achega a Vilalba 'El lago de los cisnes'

TerraChaXa
O Ballet de Kiev é un dos ballets ucranianos máis coñecidos por toda Europa onde chegou a actuar nalgúns dos mellores escenarios do continente como o Teatro du Léman, o Teatro de Beaulieu, o Kongresshaus e o Teatro Nacional en Suiza; o Palacio de Congresos de Lugano e o Teatro Verdi en Italia; ou o Circo Real de Bruselas, en Bélxica.
ballet_lagodeloscisnes
29 Nov 2017

E agora chega a Vilalba para representar 'El lago de los cisnes' de Piotr Ilich Tchaikovsky o vindeiro xoves 21 de decembro con Andriy Gura e Natalia Lazebnikova, primeira bailarina da ópera Nacional de Ucrania, como solistas.

O espectáculo terá lugar no auditorio municipal a partir das oito do serán.

Sinopse
Durante a festa de aniversario do príncipe Sigfrido, a súa nai dille que debe elixir a unha moza para casarse. El atópase no lago coa princesa Odette, que lle conta que un bruxo chamado Rothbart a converte en cisne durante o día permitíndolle recuperar a súa forma humana á noitiña. O feitizo só se romperá se alguén que non amou antes se namora dela.

Pero o espírito maligno aparécese en forma humana levando consigo á súa filla Odile, de gran parecido con Odette, para que Sigfrido a elixa como esposa.

Unha vez o príncipe se decata do engano, volve ao lago e suplica perdón ao seu verdadeiro amor, desafía ao malvado Rothbart e consegue que o feitizo desapareza.

0.16214394569397