O Bar Soa gaña o concurso de tapas de Guitiriz

TerraChaXa
Entre os clientes sortearanse tres premios: o primeiro de 800 euros, o segundo de 400 euros e o terceiro de 200 euros
que-bo-estas-guitiriz
27 Mar 2025

O Bar Soa proclamouse gañador do concurso de tapas de Guitiriz deste ano, organizado pola Asociación de Hostalería entre os días 17 e 23 de marzo e que recibiu 289 votos. Situado no corazón da vila termal, xunto á Casa do Concello, este establecemento participa habitualmente no certame gastronómico e nesta edición logrou conquistar o paladar do público coa súa creación: Tartar de tomate sobre tosta con sardiña afumada e perlas de salmón.

O segundo posto foi para Casa Nistal, mentres que o terceiro recaeu en A Capela. Agora, tras esta nova edición organizada pola Asociación de Hostaleiros de Guitiriz, só queda por celebrarse a entrega de premios, que terá lugar nunha cea, aínda sen data confirmada. Ese mesmo día tamén se recoñecerá aos gañadores do concurso destinado ao público, que debía completar os boletos selando nos diferentes establecementos participantes.

Este ano participaron un total de sete locais, que, ademais dos tres gañadores, foron O Korreo, Xoldra, Iberik Gran Balneario de Guitiriz e La Casilla.

Entre os clientes sortearanse tres premios: o primeiro de 800 euros, o segundo de 400 euros e o terceiro de 200 euros.

⚙ Configurar cookies
0.092850923538208