O barrio de San Xoán suspende as actividades festivas aprazadas para o 6 agosto
A Asociación Cultural de Veciños do Campo de San Xoán, que recuperou este ano as festas na honra do seu patrón cun programa diferente, decidiu finalmente suspender a programación que fóra xa aprazada para o 6 de agosto por cuestión meteorolóxicas.
A decisión foi tomada debido ao falecemento de Cristina, vicepresidenta da asociación, ao que se sumou tamén o aumento de casos de covid na zona e en todo a provincia.
A comisión informou que o ano que vén volverán á noite de San Xoán "cos actos previstos e moitos máis adicados a Cris".
Os actos consistía nunha actividade de rap na praza a cargo de Crzy, Fouce, Sile, Snxr, Poci e Kryme. Salva tiña previsto un un graffiti durante o concerto.
Pola noite tocaba concerto de pop-rock a cargo de Nuevo Plan, que tocará música dos 80. Así mesmo estaba previsto para todo o día a realización dun mural a cargo da artista Anita Roca, que tamén fixo un no propio día de San Xoán, no que si houbo actividades.