O barrio pontenovés de San Pedro Fiz vai de romaría

TerraChaXa | AMariñaXa
O xoves 1 de agosto celebrarase a popular romaría pontenovesa de San Pedro Fiz, comezando cunha misa á unha da tarde.
31 Jul 2019

O xoves 1 de agosto celebrarase a popular romaría pontenovesa de San Pedro Fiz, comezando cunha misa á unha da tarde. Os que non se podan achegar en coche, disporán dun servizo de autobús previsto pola organización do festexo, que sairá da Praza dos Fornos ás 12.00 horas.
Para comer, os participantes deben retirar antes unhas tarxetas de dez euros por comensal e o dúo Muralla será o encargado de poñer a música.
Convén apuntarse nos teléfonos 982.33.60.90 ou no 982.34.24.39, tendo en conta que o último día para apuntarse, sobre todo á comida, é o 28 de xullo, se ben se pode ampliar o prazo. En caso de que chova, despois da misa comerase na casa das asociacións. A festa a organiza o Concello e a xestiona e coordina a asociación de pensionistas.
 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.12918901443481