O Basanta Silva recibiu un premio do Ministerio de Educación pola promoción da lectura

TerraChaXa
Isabel Rodríguez enxalza en Vilalba o traballo do IES Basanta Silva coa promoción da lectura, co 1º Premio do Club de Lectura de España
visita subdelegada biblioteca ies basanta silva
7 Xuño 2023

Este premio vai acompañado dunha achega de 4.500€ destinada á realización de actividades “para conseguir que a lectura rompa as fendas estruturais e convértase nun hábito social real”.

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, felicitou en Vilalba ao equipo docente e directivo do IES Santiago Basanta Silva polo seu gran traballo na promoción da lectura entre o alumnado do centro, tras ser recoñecido co primeiro galardón nos Premios Clubes de Lectura Escolares de toda España, na modalidade de centros de Secundaria, que concede o Ministerio de Educación e Formación Profesional. Fíxoo durante unha visita este martes, acompañada da alcaldesa en funcións, Elba Veleiro; a concelleira de Educación, Antía Rama; así como da directora do instituto, Mari Trillo; e a responsable do proxecto, Sabela Tenreiro; para coñecer de primeira man as actividades que levan a cabo no Club de Lectura Almas de tinta.

Isabel Rodríguez enxalzou a implicación do persoal do centro vilalbés para ofrecer unha programación, centrada na literatura, atractiva para os estudantes de todas as idades, que amosa o bo facer dos centros da provincia. Ademais, a subdelegada animounos a continuar nesta liña de traballo que repercutirá nunha mellora educativa e no futuro profesional dos propios alumnos.

O proxecto educativo conta con máis de 100 participantes, de todos os niveis educativos de secundaria e bacharelato, ademais dun grupo de adultos integrado por profesorado e veciños e veciñas do municipio. “Sodes un exemplo da importancia que ten promover plans orientados no desenvolvemento e crecemento dos rapaces e rapazas a través da lectura, con tempos diarios dedicados a ela, formando a lectores competentes, un dos grandes obxectivos do sistema educativo”, salientou a subdelegada.

Neste senso, Isabel Rodríguez avanzou que este recoñecemento do Goberno vai acompañado dunha achega económica de 4.500 euros destinada á realización de actividades “para conseguir que a lectura rompa as fendas estruturais e convértase nun hábito social real”.

Almas de tinta

O club de lectura do IES Santiago Basanta Silva leva dez anos servindo como rede neurálxica para as actividades do centro, realizando acampadas na biblioteca, actos de presentación de autores, faladoiros radiofónicas, roteiros literarios ou representacións teatrais, que proceden da literatura e da lectura de títulos como Aire Negro de Agustín Fernández, Frankestein ou Verne e a vida secreta das mulleres planta de Ledicia Costas, entre numerosos títulos.

A este respecto, a subdelegada na provincia subliñou que a iniciativa deste centro va máis alá dos libros, partindo deles, “danse numerosas actividades de distintas manifestacións artísticas que chegan a fora do centro e que fan atractiva a cultura para a sociedade vilalbesa, ofrecendo ideas orixinais, puntos de vista e novos coñecementos, impregnando na cidadanía un gran labor de dinamización”.

Durante o encontro, as profesoras explicaron que cada trimestre o profesorado escolle un ou dous libros, baseándose nas súas propias experiencias ou de propostas do alumnado e ao rematar de lelo, realizase unha actividade relacionada coa temática do mesmo.

0.17864012718201