O Begonte FS pon un autocar para que a afección apoie ao equipo Senior contra o Stellae Leis en Pontevedra

TerraChaXa
A Saída será desde Baamonde o sábado ás 13.30 horas e pódese reservar praza ata o mércores ás 20.00 horas
BEGONTE autobus pontevedra
5 Nov 2025

O Begonte Fútbol Sala habilita un autocar para que a súa afección poida acompañar ao primeiro equipo no desprazamento a Pontevedra este sábado. O bus partirá de Baamonde ás 13.30 horas e o prazo para reservar praza pecha o mércores ás 20.00 horas. O encontro será no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra ás 17.00 horas.

O rival será o Stellae Leis, conxunto resultante da fusión do histórico Leis Pontevedra e o Stellae FS, un proxecto que impulsou ao club e reforzou o seu papel no fútbol sala galego.

A nivel competitivo, ambos militan no Grupo 1 da Segunda División B. O Stellae Leis chega como líder con 21 puntos en 8 xornadas (7 vitorias e 1 derrota), mentres que o Begonte busca estrear o seu casilleiro de puntos tras un arranque moi esixente de calendario.

As persoas interesadas en viaxar poden reservar chamando aos teléfonos 696 76 62 57 (Juan Roca) e 609 29 15 00 (Antonio). A iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia, Deporte Galego, a Real Federación Galega de Fútbol e a Deputación de Lugo.

⚙ Configurar cookies
0.070575952529907