O Belén de Begonte abrirá de novo o 5 decembro
O Belén de Begonte comezará a funcionar o 5 de decembro e ademais porá en marcha todas as actividades culturais en torno á celebración do Nadal.
A inauguración do Belén terá lugar o xoves 5 cunha misa polos socios e amigos do Belén xa falecidos. O pregón correrá a cargo de Félix Villares, director do Arquivo Diocesano do Obispado de Mondoñedo-Ferrol.
Despois haberá unha misa cantada por unha coral, aínda sen determinar, e acto seguido será a apertura ao público do Museo do Belén e o propio Belén electrónico que como cada ano inaugururá unha fugura nova.
Ata finais de xaneiro poderase visitar cada fin de semana e durante as vacacións de Nadal tamén ao longo da semana.
Co Nadal de Begonte convocaranse previsiblemente os tradicionais certames por parte do Centro Cultural de Begonte coma o Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán, o Certame Nacional de Poesía sobre o Nadal, o Certame Xornalístico Belén de Begonte e o Certame de debuxo infantil sobre o Nadal.