O Belén de Begonte contará o ano que vén cunha reprodución da casa museo de Víctor Corral

TerraChaXa
A peza, realizada en cortiza, a está a facer o artista lucense Txomin
txomin-peza-cortiza-casa-museo-victor-corral
27 Mar 2025

A próxima edición do Belén de Begonte incluirá unha reprodución da Casa-Museo de Víctor Corral, de Baamonde, un dos elementos emblemáticos da cultura do concello de Begonte.

A Casa-Museo, situada no alto do pobo de Baamonde, alberga no seu interior unha ampla mostra da obra deste escultor, Fillo Predilecto do Concello de Begonte, en tanto no seu exterior presenta importantes mostras en pedra de singulares traballos deste artista begontés.

Unha reprodución desta Casa-Museo, feita polo artista lucense Txomin (Domingo López Rodríguez) incorporarase á xeografía do belén, como un elemento simbólico do concello e unión entre as dúas manifestacións culturais de Begonte.

Domingo López Rodríguez, profesional das artes gráficas, tanto na empresa privada como na Imprenta da Deputación Provincial de Lugo, despois da súa xubilación, comezou a traballar en reproducións de edificios singulares, utilizando cortiza. Con paciencia infinita ten reproducido numerosos monumentos da provincia de Lugo, comezando pola Catedral, as igrexas do Camiño de Santiago, o Concello de Lugo ou o Círculo das Artes.

Na actualidade, está rematando a reprodución da Casa-Museo de Víctor Corral, en singular colaboración co Belén, e para unha permanente homenaxe neste ao artista de Baamonde.

⚙ Configurar cookies
0.042716979980469