O belén de Begonte inicia unha campaña de captación de socios

TerraChaXa
Preténdese afianzar cada vez máis o belén como iniciativa senlleira dentro do Nadal de Galicia
CLASURA-BELEN-BEGONTE-20233
16 Out 2024

O Centro José Domínguez Guizán, impulsor do belén de Begonte, comeza unha campaña de captación de amigos do belén, para contribuír a soster e potenciar a actividade cultural e social que vén desenvolvendo desde hai cincuenta e dous anos.

Preténdese afianzar cada vez máis o belén como iniciativa senlleira dentro do Nadal de Galicia, e seguir facendo que o pobo que o acolle siga a merecer o nome de Begonte do Nadal.

Os simpatizantes do belén cóntanse por milleiros, no só en Begonte e en toda a provincia de Lugo, senón tamén no resto de Galicia e en moitos puntos de España. A eses simpatizantes que cada ano visitan o belén pídeselles que se fagan socios para fortalecer a Asociación e incrementar a realización de actividades e a difusión do Belén.

Os socios colaboradores do belén de Begonte contribúen cunha cota de 20 euros ao ano, podendo entrar na gran familia facilitando os seus datos na sede, no Concello de Begonte, ou en calquera dos seguintes establecementos colaboradores, Casa Varela de Damil, Pazyana en Santo Estevo de Uriz, Taberna do Labrego en Pacios, os bares Cereixo e Miraz de Begonte, o grupo Luis Iglesias ou a cordelería Maragatos de Lugo.

0.1068971157074