O belén de Begonte publica un libro cos gañadores dos certames de xornalismo e poesía
Vén de ser publicado o libro O Nadal de Begonte. XLVIII Certames de Xornalisto e Poesía, que recolle os traballos premiados nos certames convocados polo Centro cultural José Domínguez Guizán, o pasado ano. Recibiron exemplares desta publicación os asistentes ao pregón do Nadal, celebrado o pasado sábado. Cadanseu libro desta colección publícase ao comezo do Nadal, desde a edición XIV dos certames, hai trinta e catro anos.
En Poesía aparecen publicados os traballos: Betheléem, de Soledad García Riveiro, de Nigrán (Pontevedra); Ao neno levade lelías de música e poesía, de Xosé Otero Canto, de Lugo; Un neno, noso veciño, de David Corral Díaz, de Ferrol, e Postales de Belén, de Manuel Laespada Vizcaíno, de Albacete.
En xornalismo os publicados son El Belén de Begonte, guardián de nuestros recuerdos, de Luis Latorre Real de Lugo; Unha luz certa, de Xoán Neira, de Viveiro e Doña Pilar, El Belén de Begonte y un niño, de Pepe Pol de Montefurado, Quiroga.
O libro será entregado gratuitamente no Belén de Begonte.