O belén de Begonte volve ao horario de fins de semana tras acadar as 35.000 visitas

TerraChaXa
O belén de Begonte xa acadou as 35.
belen electronico de begonte
10 Xan 2023

O belén de Begonte xa acadou as 35.000 visitas presenciais e as 32.155 á súa web na actual edición do Nadal de Begonte.

En canto ás presenciais, rematou a atención diaria ao público, e se pasa ás fins de semana. Desde o pasado día 28 de decembro, recibiu un promedio de máis de 1.000 persoas cada día, obrigando de facto á ampliación do horario previsto. Se ben se mantivo o comezo arredor das 11 da maña, non así o peche xa que a afluenza de visitantes obrigaba a pechar na práctica ás 14,00 horas. O mesmo ocorría polas tardes, que foi preciso pechar arredor dunha hora máis tarde.

Na mañá de onte reanudáronse as visitas colectivas cunha expedición da Residencia de maiores das Gándaras. Como queira que só se abre ao público sábados e domingos, para o resto dos días, as visitas colectivas agradécese que soliciten día e hora ao tfno. 610.907306.

Das 32.155 visitas virtuais rexistradas, cómpre destacar que 4.679 visionaron o Belén virtual, das que 2.045 contemplaron a versión galega, 2.177 a versión en castelán, e 170 a inglesa. Nestes últimos días, 287 internautas fixeron a visita 360º que recentemente se incorporou á web www.belendebegonte.es.

0.17448210716248