O belén de Momán céntrase nas normas covid-19

TerraChaXa | LugoXa
O belén de Momán adáptase este ano á pandemia da covid-19 e faino seguindo todas as normas sanitarias en materia de uso de máscara, distancias de seguridade, peches perimetrais e aforos.
ccd67f96 0015 49e2 b009 29cfc8d3dba1
1 Dec 2020

O belén de Momán adáptase este ano á pandemia da covid-19 e faino seguindo todas as normas sanitarias en materia de uso de máscara, distancias de seguridade, peches perimetrais e aforos.

O tradicional belén reivindicativo volve tomar conciencia social este ano pero nesta ocasión para poñer de relevancia a importancia de cumplir as normas, sen que falte un cárcere para os corruptos e o agradecemento aos sanitarios.

Así, a capela de San Antón de Momán exporá este Nadal un belén moi adaptado a estes tempos de pandemia. O párroco, Luis Ángel Rodríguez Patiño, explica que este ano só haberá seis nenos pastores e “deberán manter unha distancia de seguridade”. Ademais, “se se instala unha taberna, pecharase a partir das dez da noite”, de acordo ao toque de queda imposto polo Goberno.

O cura decidiu que San Xosé, a Virxe e o Neno poden estar xuntos no pesebre, xa que son convivintes, pero colocarase un cordón de seguridade a dous metros do berce. As restricións tamén afectan aos Magos de Oriente, que “terán que vir antes para pasar a corentena” e facer unha PCR. "  Os camelos quedarán na última cidade confinada pola que pasen”, engade.

Ademais, tampouco está permitida a presenza do anxo “no caso de que aletee e teña un efecto aerosol”, por se acaso iso puidese propagar o virus.

O protocolo covid para montar o Portal de Belén este ano.

  1. O número máximo de pastorcillos en grupo será de seis e deberán manter a distancia de seguridade (un metro e medio).
    Se se instala taberna estará pechada a partir das dez da noite.
  2. Non se permite a presenza do anxo por se revolotea e fai efecto aerosol.
  3. Ao ser conviventes, San José, A Virxe e o Neno poderán estar xuntos no pesebre pero poñerase un cordón de seguridade a dous metros do berce.
  4. Os Reis Magos terán que vir antes para pasar a corentena e faráselles unha PCR. Deixarán os camelos na última poboación confinada pola que pasen.
  5. Todo o persoal non esencial (o cagón, as lavandeiras, o panadeiro, os romanos de Herodes, etc.) non poderán participar nesta edición.
  6. En ningún caso poderase montar ningún por encima do 50% do aforo habitual; ovejitas, porcos, cabras e os patos non contabilizan. Grazas.
samu e martn copa espana_poretada
0.17899298667908