O Belén xigante de Xove abriu as súas portas

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
17 Dec 2019

O Belén xigante do Concello de Xove xa está instalado, e coma nos últimos anos, no parque municipal que está enfrente ao Concello.

Así, acaba de abrir as súas portas a todo o público e estará aberto ata pasado o Nadal, e durante as 24 horas do día.

Polo tanto as posibilidades de poder velo son infinitas e dende o Concello invitan a todos os veciños e visitantes a desfrutalo.

0.069438934326172