O BeOne de rugby loitará pola liga na segunda fase do campionato

TerraChaXa | LugoXa
13 Jan 2020

Os mozos do BeOne Ribadeo tiñan moi claro o seu obxectivo no partido que se celebrou no campo Municipal de Outeiro, A Devesa o pasado sábado.

En primeiro lugar debían neutralizar a vantaxe de 14 puntos, dous ensaios transformados, coa que o Muralla de Lugo presentábase ao derbi, posteriormente o seu obxectivo era deixar claro que son un equipo que non vai poñer as cousas fáciles aos seus rivais e que, a pesar de medirse con Clubs moito máis consolidados, con estruturas moi numerosas e con poboacións moito máis importantes onde captar xogadores, calquera equipo que pase por Ribadeo vai ter que traballar duro para levar puntos.

As cousas complicáronse máis se cabe cando no minuto 5 un ensaio transformado do Muralla elevaba a 21 os puntos de diferenza a contrarrestar por parte do equipo local cun ensaio tras un roubo de balón en liña de vinte e dúas propia.

Durante toda a semana o equipo adestrara para este partido, analizado o xogo do seu rival e exposto diferentes escenarios en función das posibles variacións de posición dos seus xogadores máis relevantes, pero parecía que neste minuto 5 todo estaba perdido.
Nada máis lonxe da realidade, un tras outro os ensaios foron chegando para un equipo que, esporeado pola numerosa afección que se deu cita para o partido, chegaba ao descanso cun resultado de 27-12 ao seu favor, un punto por enriba.

A segunda parte, a pesar da boa defensa do equipo da capital, foi de claro dominio local, un parcial de 21-0 situaba o definitivo 48-12.
As fases estáticas están a ser o punto forte deste equipo, mele e touche propias dan balóns claros a unha liña de tres cuartos que manexa con precisión o balón e facilita a defensa disputando con forza as introducións e saques de lateral contrarios. Así mesmo o xogo ao pé é outra das virtudes do BeOne, ao bo manexo de balón á man hai que engadir que esta faceta do xogo crea moita inseguridade nos rivais, que dubidan entre subir a placar ao seu par ou defender o xogo que se xera detrás da primeira liña de defensa cando se patea o balón. Un equipo moi compensado e que, tras recuperar a Manuel, lesionado en pretemporada, formaba por primeira vez con 15 xogadores desde o inicio da liga.

En dúas semanas o equipo viaxa a Ferrol para pechar esta primeira fase da liga (a liga Norte) e pase o que pase, con esta vitoria ten asegurada a praza para loitar na segunda volta polos catro primeiros postos de liga Galega. Nesta fase enfrontásense xunto con Rugby Ferrol aos dous primeiros clasificados do grupo Sur.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1079089641571