O Beone segue sen coñecer a vitoria no seu debut en liga promoción sub18/ senior

TerraChaXa | LugoXa
10 Feb 2020

O equipo sub18/ senior que disputa liga promoción no Principado de Asturias caeu no seu partido de volta fronte ao Gijón Rugby Club que se celebrou nas Mestas este pasado domingo ás 12.30 horas por un resultado de 41-19.

Esta liga é de gran esixencia para un grupo que se formou esta tempada para dar continuidade e partidos aos Sub18, que doutra maneira estarían dous anos sen poder competir. O obxectivo marcado a principio de tempada era non fallar a ningún dos partidos do apertado calendario, máis aló dos resultados.

Despois dun primeiro intento errado no occidente de poñer en marcha un equipo Senior en Navia, os promotores do BeOne tomáronse moi en serio o traballo necesario para dar continuidade a un proxecto que, centralizado en Tapia de Casariego, pero con xogadores de todo ooccidente e A Mariña, está a piques de finalizar a fase regular cun pleno de comparecencias e unha evolución no xogo moi positiva.

Desde o mes de outubro que deu comezo a liga promoción e ata finais do mes de marzo, serán 12 partidos de liga os disputados, algo inédito, pois é a primeira competición oficial que afronta un equipo de fóra da área Central do Principado.

Levar a práctica do rugby ás aulas foi un obxectivo da dirección da F. R. P.A. e tanto o BeOne Tapia Rugby, que compite en todas as categorías de Xogos do Principado e con Senior en liga Promoción, como os equipos que presenta Llanes a Xogos do principado nas categorías non competitivas dan boa conta do traballo realizado e as facilidades que esta Federación e a súa xunta directiva, con Alberto Pérez á cabeza, ofreceron para que hoxe ambos os proxectos crezan de maneira ordenada.

A Directiva do BeOne está moi satisfeita, pois con este equipo péchase o ciclo de formación; que comeza nas escolas deportivas do Concello de Ribadeo, continua nos equipos Sub14 e Sub16 que compiten en Ligas Galegas e finaliza con dous anos en Liga Promoción onde os Sub18 pechan o seu periplo formativo, non só deportivo, senón na maioría dos casos académico e o rugby convértese nunha porta aberta nos seus lugares de destino para continuar coa súa progresión dentro da cancha e a formación en valores que sempre acompaña a este deporte.

O director deportivo do BeOne Rugby, Guillermo Fernández coméntanos; “ por suposto que os mozos han de ser competitivos, pero aquí non buscamos facer grandes xogadores individuais ou resultados por encima de todo, o que se tenta é que cada xogadora achega ao grupo o máximo das súas capacidades, haberá xogadores que estean por baixo da media, dentro dela ou por encima pero se o esforzo é máximo o obxectivo está cumprido. Sempre lles tentamos transmitir que o resultado non ha de ser o obxectivo senón o resultado do traballo e o esforzo, individual e colectivo.

Temos vocación formativa, estamos a dar un verniz de coñecemento a xogadores cuxos destinos serán club máis grandes, con máis medios e mellores formadores e cando os mozos estean nos seus clubs de destino temos que poder dicir que a nosa canteira chega coa mochila chea de experiencias e coa capacidade de seguir aprendendo e crecendo como xogadores.”

Pola súa banda este pasado sábado concentrouse en Lalín a selección Galega Sub14 e de novo, Darío Fernández, representou ao BeOne sendo un firme candidato a formar parte do grupo de 23 xogadores que se desprazasen en abril a Valladolid a xogar o Campionato de España da súa categoría.
E para o domingo 16 espérase gran afluencia de público para asistir ao debut do BeOne Sub16 na fase polo Título Galego da categoría, o primeiro partido enfronta aos Ribadenses co gran favorito para revalidade a súa coroa, Vigo Rugby. O partido celebrarase o domingo ás 12.30 no Campo Municipal de Outeiro, A Devesa.

0.10115098953247