O BNG "alégrase" de que a alcaldesa de Viveiro se interese pola LU-161
Desde o BNG celebran que a alcaldesa de Viveiro decidira tomar nota da demanda nacionalista levada ao Parlamento Galego no verán do 2018, onde o grupo parlamentario do BNG esixiu ao goberno autónomico do PP a adopción de medidas urxentes para executar obras de mellora e acondicionamento na estrada autonómica LU-161 (Landrove-Ferreira de Valadouro) co obxecto de poñer fin ao estado lamentable na que se atopa o devandito vial, unha das principais vías de conexión dos viveirenses coa comarca da Mariña Central. Demanda ante a que a Xunta de Galicia recoñeceulle o ao BNG o pasado mes de xaneiro por escrito o estado de deterioro desta estrada, comprometéndose, aínda que sen concretar data, a incluír a súa mellora dentro do Plan de Reforzos de Firme que está a desenvolverse pola Axencia Galega de Infraestruturas.