Continúan as manifestacións de repulsa contra o crime machista de Valga

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
18 sep 2019

O grupo municipal nacionalista de Viveiro apoia a convocatoria deste mércores 18 contra o feminicidio. Lembran que xa son 37 as convocatorias en repulsa do terríbel triple feminicidio de Valga, onde Sandra, Alba e María Elena perderon a vida.

O BNG apoia e chama a participar masivamente nesta convocatorias do feminismo galego e a que todas as rúas da Galiza se enchan de feminismo nunha resposta á altura contra a violencia machista!

A cita será ás 20 horas, na Praza da Fontenova de Viveiro.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, convocou a concentración este pasado martes 17 de setembro, ás 20.30 horas, diante da casa do Concello.

O Concello de Foz amosou a súa condena e repulsa polo triplo asasinato machista ocorrido en Valga (Pontevedra) e gardou un minuto de silencio este mércores 18, ás 12:00 horas, na Praza do Concello en memoria de Sandra, Alba e Maria Elena e como mostra da solidariedade do pobo de Foz cos seus fillos, familia e amizades. 

Tamén haberá concentracións en máis vilas da Mariña. En Burela, foi na Praza da Mariña, como amosa a imaxe, e en Mondoñedo, ás 20.30 na Praza do Concello, e estan son tan só algunhas das citas previstas.

En Xove tamén se organizou unha concentración que tivo lugar o martes.

O Concello de Cervo e a asociación Mujeres en Igualdad Cervo amosaron a súa condena ao triplo asasinato machista acorrido en Valga (Pontevedra), este luns, cunha concentración que tivo lugar o martes na Praza dos Campos, en San Cibrao.

0.16235303878784