O BNG asegura que leva varios anos solicitando á Xunta que invista no abastecemento de Castro de Rei

LugoXa | TerraChaXa
Presentaron varias emendas aos orzamentos que non foron aprobadas, subliña a responsable local
Imaxe dun grifo de auga
7 Feb 2025

O Bloque Nacionalista Galego en Castro de Rei, a través das súas deputadas no Parlamento Galego, leva varios anos presentado como emenda aos orzamentos da Xunta de Galicia a mellora da captación, decantación, depuración e subministro da auga neste concello, tal e como asegurou a súa voceira, Olga García.

“Chámamos moito a atención que agora o Sr. Balado saía dicindo que vai pedir esas axudas á Xunta de Galicia, ou sexa a mesma proposta que o BNG xa presentou e rexeitaron” expón a concelleira nacionalista.

A incapacidade do alcalde de Castro de Rei non ten límite, sempre estivo na súa man poder solucionar este problema que se repite cada vez que chove, e non é admisible que se lle bote a culpa ás ganderías que están a facer de Castro de Rei un referente no sector agrogandeiro.

“Dende o BNG sabemos que con traballo e dedicación se pode solucionar o problema da auga porque nos consta que noutros concellos, onde por certo goberna o BNG, e as zonas de captación tamén son inundábeis, se conseguiu dar un servizo de calidade na subministración da auga”, concluíu García.

0.17464685440063