O BNG Castro volve esixir a amaño da avenida da Terra Chá

TerraChaXa | LugoXa
O grupo municipal do BNG volveu elevar as súas críticas sobre o estado no que se atopa a avenida da Terra Chá, xusto á entrada da vila de Castro Ribeiras de Lea, e o comenzo da estrada que vai ao Matodoso.
8ecaaf20 e822 45d7 abc3 e4d132cf9f0c
14 Nov 2020
O grupo municipal do BNG volveu elevar as súas críticas sobre o estado no que se atopa a avenida da Terra Chá, xusto á entrada da vila de Castro Ribeiras de Lea, e o comenzo da estrada que vai ao Matodoso. Segundo explican, a vía anégase cada vez que chove.
"A veciñanza da zona xa está farta que o goberno municipal do PP non faga nada por darlle solución a este problema e ter que facer números para poder acceder aos seus coches", explican.
Os nacionalistas engaden que "vai sendo hora que o goberno municipal do PP asuma as súas responsabilidades e se poña a traballar dándolle solución a esta e a moitas obras pendentes que hai polo concello adiante".
0.20078110694885