O BNG celebra hoxe en Begonte un coloquio sobre sanidade pública
O Bloque Nacionalista Galego en Begonte organiza un encontro aberto para falar do estado actual da sanidade pública, tanto a nivel local como galego.
Este coloquio celebrarase hoxe, mércores 3 de maio, ás 20:30 horas no bar Madia Leva. Contará coa participación da deputada por Lugo do BNG no Parlamento de Galiza, Carme Aira, e o candidato do BNG á alcaldía de Begonte, Pablo Ares.
Pablo Ares declarou “é momento de contar cuns servizos públicos de calidade, non podemos permitir que nos rouben un ben tan prezado como é a sanidade pública, e desde os concellos hai que esixir que se garanta o dereito á saúde da veciñanza”
Neste senso, o candidato do BNG á Alcaldía de Begonte subliñou “animo á veciñanza a que participe neste encontro no que falaremos de como se atopa a sanidade en Begonte e que alternativas propón o BNG neste eido, ademais de coñecer de primeira man o traballo desenvolto no Parlamento en defensa dos servizos sanitarios deste concello, como foi o consultorio de Baamonde”