O BNG conqueriu que os plenos de Viveiro se graven en vídeo
A moción do BNG para avanzar na democratización e transparencia do concello, propoñía a gravación dos plenos en video e a súa subida á web do Concello onde algúns dos grupos da corporación non parecían estar dacordo coa totalidade dos puntos desta moción, polo que acordamos a votación de cada punto por separado. Tras a votación resultaron aprobados os 3 primeiros puntos da nosa moción pero non o 4, o cal falaba de facilitar a participación das veciñas e veciños do concello de Viveiro a través da creación do escano da veciñanza.
Respecto da moción que tiña por obxecto instar á alcaldesa socialista, María Loureiro, para que mediante a figura que estime oportuno, resolvera o necesario para que se proceda a gravar en audiovisual e ao completo as sesións plenarias, obtivo a seguinte votación, é dicir, apoiárona BNG, PSOE, PP, Por Viveiro, Son Viveiro.
Sobre a moción de que se autorice autorice a calquera persoa presente á gravación, igualmente en audiovisual, das sesións plenarias foi votada a favor polo BNG e PSOE e contou coa abstención do PP, Por Viveiro, Son Viveiro.
O BNG propuxo tamén a habilitación na web oficial do Concello de Viveiro dun espazo facilmente visible onde aloxar as distintas gravacións coa finalidade de que calquera veciña ou veciño poda realizar as visualizacións que desexe de calquera dos plenos celebrados. BNG, PSOE, PP, Por Viveiro, Son Viveiro votaron a favor.
E sobre o punto específico que plantexaron respecto de facilitar a participación das veciñas e veciños do concello de Viveiro a través da creación do escano da veciñanza, só o BNG votou a favor da súa proposta, xa que se abstiveron PSOE, Por Viveiro, Son Viveiro e votou en contra o PP.
Os resultados da votacións no pleno foron do seguinte xeito xa que votaron a favor BNG, PSOE, PP, Por Viveiro, Son Viveiro.