O BNG da Pastoriza critica que a nova área de autocaravanas será un espazo “pechado e sen visión”

TerraChaXa
O Concello puxo en marcha este verán os traballos cun investimento de case 69.000 euros e un prazo de execución de tres meses
autocaravanas-a-pastoriza-bng
23 Nov 2025

O BNG da Pastoriza lamentou que a nova área de autocaravanas, cuxas obras se iniciaron en agosto, perda a oportunidade de converterse nun espazo coidado, planificado con sentido e pensado para o desfrute nun entorno natural.

A formación nacionalista sostén que o que se anunciou como un lugar idílico para o estacionamento de autocaravanas acabará sendo, segundo recolle o propio proxecto, un aparcadoiro pechado ao servizo do circuíto de karting.

O Concello da Pastoriza puxo en marcha este verán os traballos para construír un aparcadoiro para autocaravanas cun investimento de case 69.000 euros e un prazo de execución de tres meses.

O BNG advirte que a localización e o enfoque da intervención non favorecen a creación dun espazo atractivo para quen busca permanecer nun lugar natural e agradable.

⚙ Configurar cookies
0.069460868835449