O BNG da Pastoriza denuncia o peche da Biblioteca Municipal en verán
TerraChaXa
Dende o Bloque Nacionalista Galego da Pastoriza critican o peche da Biblioteca Municipal durante o verán.
10 Ago 2023
Dende o Bloque Nacionalista Galego da Pastoriza critican o peche da Biblioteca Municipal durante o verán.
“As veciñas e veciños do Concello non entendemos o porque de que unha instalación municipal como a Biblioteca Municipal que dá servizo á cidadanía para a preparación de oposicións, nenas e nenos que acuden habitualmente a ler e estudar, así como persoas que intercambian libros e outras que empregaban a aula do ciber; se encontre pechada nos meses de verán” declaran dende o BNG.
As conclúen que “o peche da Biblioteca Municipal non deixa de ser un primeiro indicativo do pouco interese que suscita o ámbito cultural a este goberno municipal”.