O BNG da Pastoriza deu a coñecer nuna acto público as súas propostas de futuro
Elva Carrera “precisamos ir a máis, camiñar xuntas e xuntos para que o BNG sexa quen lidere este concello”.
O Bloque Nacionalista Galego na Pastoriza celebrou no salón de actos do Concello, un acto público aberto no que se deu a coñecer as persoas que conforman a candidatura nacionalista nestas eleccións municipais como as propostas de goberno e de futuro da organización para despois do 28 de maio.
O acto contou con diversas intervencións, no que destacaron as de Olalla Rodil, deputada no Parlamento e a candidata do BNG á alcaldía da Pastoriza, Elva Carrera.
Elva Carrera declarou “teño a sorte de contar cunha equipa de 17 persoas chea de experiencia demostrada de diferentes ámbitos profesionais, que se ampara en novas ideas e o mellor esforzo de eles e elas para facer avanzar A Pastoriza”
Segundo a candidata “o BNG vai continuar coa folla de ruta para seguir mellorando A Pastoriza, dando prioridade as verdadeiras necesidades e resolvendo os problemas das veciñas e veciños, por iso, este 28 de maio precisamos ir a máis, camiñar xuntas e xuntos para que o BNG sexa quen lidere este concello, sempre desde a honestidade, o rigor e as ideas claras, porque A Pastoriza merece moito máis”
Por outra banda, Carrera destacou “precisamos contar coa convicción de ampliar este proxecto para que as veciñas e veciños teñan máis oportunidades e servizos, a contar cunha administración máis áxil e doada, afondar nun proxecto centrado no desenvolvemento das nosas potencialidades, como é a nosa gandaría, que é unha potencia en Galiza e no Estado”
“Este domingo 28 temos a oportunidade de que o Bloque Nacionalista Galego lidere un goberno que mire ao futuro, un goberno comprometido co benestar das veciñas e veciños, un goberno capaz de crer sinerxías para poder sacar o mellor deste concello, en definitiva, poñer á fronte da Pastoriza un goberno á altura que merece”, concluíu a candidata nacionalista, Elva Carrera.
Candidatura do BNG na Pastoriza:
- Elva Carrera González
- José Antonio Veiga Pérez
- Rocío López Pacio
- Verónica Rodríguez Gesto
- Fidel García Paz
- Yolanda Otero Logilde
- Manuel Seivane Vila
- Félix González Grandío
- Noelia Rancaño Vidal
- Óscar López López
- José Ignacio Rivas Vidal
Suplentes
- Miguel Folgueira Bouso
- Xosé María Eloi Villada Legaspi
- Vanessa Pérez Lejo
- Eduardo Muíña Pérez
- María Isabel Otero Moirón
- Arcadio Sánchez Legaspi