O BNG das Pontes presenta nas Campeiras as súas propostas

TerraChaXa
O BNG das Pontes vén de manter a primera das diversas xuntanzas abertas que desenvolverá coa veciñanza do municipio
REUNION BNG AS PONTES CAMPEIRAS
10 Maio 2023

O BNG das Pontes vén de manter a primera das diversas xuntanzas abertas que desenvolverá coa veciñanza do municipio para amosar as súas propostas xerais e concretasm á par que recolle as demandas que ten a veciñanza. Convocadas pola asociación veciñal do barrio, unha vintena de persoas participaron neste primeiro intercambio de ideas.

Entre as principais demandas das asistentes resaltan a desatención total por por parte do goberno local ante as molestias ocasionadas polo uso que se está a dar por parte do circuíto anexo ao lago que se localiza na zona. De feito, percíbese un estado de indefensión por parte dunha veciñanza que non sabe xa a quen recorrer para ser atendidos.

O BNG trasladou que existe unha falta de transparencia arredor da xestión desa infraestrutura municipal, da que se pediu conta en diversas ocasións no pleno. O goberno socialista non fai máis que obvialo e apelar á “convivencia tranquila” entre un circuíto que carece de mecanismos de insonorización e unha veciñanza que está farta dunha “situación insostible”.

Os membros da candidatura presentes na reunión, Carmela Franco, Emma Lamas, Kiko da Silva e Celso Barro, comunicaron que o BNG vén solicitando desde fai tempo documentación arredor deste equipamento e tamén a realización dun estudo para poder rematar coas súas molestias.

Asemade deste tema, realizouse unha diagnose da situación e unha fiscalización do realizado polo goberno nos últimos anos, onde a candidata á alcaldía, Carmela Franco indicou que “a situación actual non é boa, non vos conto nada novo porque xa o vivides, pero atopámonos nun punto de inflexión no que podemos reverter a situación e construír un novo camiño para As Pontes”.

0.16263008117676