O BNG das Pontes reclama a construción da Residencia

TerraChaXa
Afirman que nada saben desde a firma do convenio para a compra da Pardo Bazán
carmela-franco-bng-as-pontes
Carmela, do BNG das Pontes
1 Jun 2024

O BNG das Pontes reclama ao Concello a construción da Residencia das Pontes. "Vai un ano dende o último anuncio do PSOE sobre da Residencia, todos eles incumpridos e en plena campaña das municipais: da demanda á Xunta en 2007, pasando polos 5 millóns de euros confirmados do Plan do Carbón para iniciala na Canle IV con 100 prazas en 2011, ata o medio millón da Deputación para as 49 prazas no Hospitalillo das Veigas en 2019".

"En maio de 2023, coincidindo coa Festa dos Maiores e, como non, coas eleccións municipais, o PSOE volveu á carga ao anunciar e asinar, varias veces, un convenio coa Deputación da Coruña, polo que a administración provincial obrigábase a contratar un estudo xeotécnico e o proxecto básico para a Residencia, que sería comarcal e cunhas 40 prazas, cunha aportación de 38.500 euros; pola súa parte, o goberno municipal do PSOE comprometíase a poñer a disposición da Deputación os terreos do antigo colexio Pardo Bazán. O convenio tiña de data de remate o 28 de abril de 2024", explican.

Afirman que dende que o alcalde asinou en decembro de 2023 a compra da Pardo Bazán por uns 315.000 euros, "cun expediente irregular segundo os propios servizos técnicos municipais, nada sabemos do convenio, da súa prórroga, do proxecto, da súa contratación, nin da Residencia. O único certo e evidente é que o edificio do colexio aínda está en pé, cando os informes falaban da necesidade da súa demolición, estimada en máis de medio millón de euros".

Dende o BNG manteñen o seu posicionamento e argumentación, "avalados por máis de 2.000 sinaturas rexistradas na Xunta e no Concello en 2019, sobre da idoneidade da Canle IV para situar a Residencia, xa que entendemos que, con moito menor esforzo económico, o Concello podería adquirir as poucas parcelas que non son públicas -algunhas das que non negociou con Endesa en 2015 cando quedou co túnel-, e axilizar os tempos para que a Residencia sexa unha realidade antes das próximas municipais de 2027".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18375086784363