O BNG de Begonte fixo a presentación oficial da súa candidatura
Pablo Ares “Begonte ten todo por gañar e a candidatura do BNG será quen active este concello”.
O Bloque Nacionalista Galego en Begonte deu a coñecer nun acto público as 15 persoas que integran a candidatura nacionalista ás eleccións municipais, que se celebraran o vindeiro 28 maio.
O acto contou coas intervencións de Pablo Ares, candidato do BNG á alcaldía de Begonte, e a deputada por Lugo e viceportavoz do BNG no Parlamento galego, Olalla Rodil.
Pablo Ares definiu a candidatura como “un gran equipo con capacidade e rigor para levar adiante un proxecto emocionante como é o BNG” e destacou “as mulleres e homes que están nesta lista son quen levarán a Begonte ao lugar que merece, un Begonte máis xusto, con máis dinamismo e, sobre todo, cun programa cheo de propostas para mellorar a calidade de vida da veciñanza”.
Deste modo, o candidato nacionalista á alcaldía de Begonte subliñou “Begonte ten todo por gañar e a candidatura do BNG será quen active este concello, é necesario aplicar emoción e compromiso para revitalizar o noso rural, promover a creación de emprego, mellorar os servizos públicos, e sempre baixo a coherencia e a transparencia á hora de gobernar”.
Ademais, Ares destacou que “o BNG é a única forza que vai desenvolver un proxecto que ilusione e poña funcionar todas as capacidades que posúe Begonte: saímos para que o 28 de maio Begonte conte cun proxecto sólido e con capacidade de transformar en positivo”.
Candidatura do BNG en Begonte:
- Pablo Ares Ansede
- Uxía Ferreiro García
- María Mar Prado Cruz
- Sandra Carral Casanova
- Eliseo Gómez Jove
- Manuela Castro López
- Daniela Gómez Vázquez
- Xosé Lois Devesa Novo
- Purificación Ferreiro Fernández
- Luís Carro Salvat
- Manuel Ferreiro Fernández