O BNG de Burela critica outro posible adiaño da repetición das elecións nunha mesa local

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O voceiro do BNG aproveitou o pleno extraordinario deste mércores para preguntar pola repetición das eleccións na mesa U do Perdouro.
meira autocaravanas2 768x1024
12 sep 2019

O voceiro do BNG aproveitou o pleno extraordinario deste mércores para preguntar pola repetición das eleccións na mesa U do Perdouro. "Despois de airear pola vila durante as últimas semanas a posibilidade de producirse o 22 ou 29 de Setembro agora desdíxose, coma de costume e vaticinou novembro como escenario máis probable para a repetición electoral", indicou o voceiro nacionalista.

Pillado recalca que "pese ó que dixo no pleno, o señor Llano está encantado coa situación, vai seguir coas vacacións nas que se atopa dende maio, nunha situación que favorece os seus intereses particulares e perxudica ós do conxunto da veciñanza. Trátase dunha situación de abandono por parte do Estado coa complicidade do goberno local so PSOE. Unha vergoña e un desastre para Burela", sinalou Pillado.

O BNG tentará pese a todo, que se respete a democracia polo ben das veciñas e veciños de Burela para que finalice esta situación da mellor maneira posible, dixo Pillado.

0.096194982528687