O BNG de Burela denuncia a falta de rigor e control no gasto por parte do goberno socialista

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Este xoves debatiuse no salón de plenos da Casa do Concello de Burela un recoñecemento extraxudicial de crédito para aprobar o pago de facturas por importe duns 87.
21 Feb 2020

Este xoves debatiuse no salón de plenos da Casa do Concello de Burela un recoñecemento extraxudicial de crédito para aprobar o pago de facturas por importe duns 87.000 euros. Os informes de intervención obrantes no expediente eran claros en canto á falta control e rigor. "Este tipo de informes de intervención, un total de 19 en 2019, xa son habituais no noso Concello nos últimos anos, sempre relacionados coas mesmas áreas (educación e cultura) e sempre no mesmo sentido: gastos sen control e sen consignación orzamentaria suficiente" indicou o voceiro do BNG en Burela, Mario Pillado, ó respecto.

Agora ademáis indícase que parte do servizo da Escola de Música estase prestando de forma indirecta, incumplindo a Lei de Contratos do Sector Público por non existir licitación nin contrato con ningunha empresa, ademáis de vulnerar os estatutos da Escola de Música nos que non se prevé a xestión indirecta da mesma" continuou Pillado.Aínda que este tipo de situacións sempre se vinculan coas mesmas áreas de gasto a responsabilidade non se restringe só ó titular da mesma senón que o alcalde é o máximo artífice do desastre coas contas. "Todo isto ven derivado de non ter aprobada a nova RPT pois na existente o que se establece para a Escola de Música non se corresponde co que figura no cadro de persoal dos orzamentos" sinalou Pillado.

Os nacionalistas fixeron referencia á nova situación política en Burela, " nos ante esta situación non podíamos estar a favor e por iso nos abstivemos para que se empresas e autónomos da vila poideran cobrar eses servizos prestados, pero o señor alcalde e o seu grupo teñen que entender que se queren contar co apoio do noso grupo nos diferentes asuntos a tratar van ter que cambiar de forma radical a súa forma de xestionar e proceder, como lles indican os técnicos muncipais" finalizou o voceiro nacionalista Mario Pillado.

0.096349954605103