O BNG de Castro de Rei presenta a súa candidatura ao completo
O Bloque Nacionalista Galego en Castro de Rei fai pública a súa candidatura ás vindeiras eleccións municipais, a que encabeza Olga García Portela. Un grupo de 16 persoas comprometidas e que suman co BNG para facer de Castro de Rei un concello máis xusto e conseguir máis avances na mellora da vida da súa veciñanza.
A candidata do BNG á alcaldía de Castro de Rei sinalou “lidero un equipo ilusionado e namorado de Castro de Rei, formamos un proxecto ambicioso para acadar máis avances para o noso concello, e sempre dende o rigor, a coherencia, a transparencia e o traballo”
Este equipo que conforma a candidatura, segundo Olga García é ”un equipo con capacidade, con compromiso cos servizos públicos e cos sectores produtivos, un equipo capaz de facer avanzar Castro de Rei” e enfatizou “preparado para liderar o vindeiro goberno municipal”
O BNG dará a coñecer a estas persoas nun acto público o vindeiro 6 de maio en Castro Ribeiras de Lea, en concreto na carballeira nunha das casetas do polbo. O acto contará con diferentes intervencións políticas.
- Olga García Portela
- Digna María Lagarón Doval
- Adrián Rodríguez Rancaño
- María Xosé Fernández Covos
- David Vivero Novo
- Iria Corredoira García
- Manuel Anllo Canto
- Natalia Alonso Freire
- José Luís Fernández García
- Ana Belén Veiga Teijeiro
- Alfonso Legaspi Veiga
- María Loli Linares Fernández
- Germán Naval Lage
Suplentes
- María Angelines Freire Castro
- Carlos Alberto Rodríguez Rodríguez
- Serafín Carballo Carballeira