O BNG de Castro insta á roza da contorna do colexio Ramón Falcón

TerraChaXa | LugoXa
O BNG insta ao goberno municipal a roza da contorna do colexio Ramón Falcón e propón unha batería de propostas para mellorar a limpeza
estado do colexio castro de rei 2
22 Abr 2023

O Bloque Nacionalista Galego en Castro de Rei insta ao goberno municipal a rozar as inmedicación do colexio Ramón Falcón de Castro de Rei.

A candidata do BNG á alcaldía de Castro de Rei, Olga García., destacou que “o colexio de Castro de Rei ten a súa contorna chea de silvas e de maleza, feito que denunciou a ANPA do colexio, e pasaron máis de 5 meses desa queixa e non se está a facer nada desde o goberno municipal” e subliñou “non é preciso unha grande maquinaria ou moitos efectivos para realizar este traballo, senón que a brigada municipal para poder exectualo con ferramentas como un podón ou a rozadora para facelo, non existe escusa”.

Neste sentido, a candidata do BNG á alcaldía de Castro de Rei salientou que este feito é un falta de empatía coa comunidade educativa “as nosas crianzas, as persoas que traballan no centro e as familias vense prexudicados todos os días, ao manter unhas instalacións neste estado, supoñendo unha grande molestia e inseguridade”.

Olga García destacou que o BNG implementará un plan de melloras neste eido “unha das primeiras liñas de traballo que desde o BNG imos realizar desde o goberno municipal é un plan para a limpeza e roza dos lugares, e sobre todo, un control e mantemento dos edificios e instalacións públicas, como os colexios, temos un forte compormiso por velar e coidar os nosos servizos públicos”.

0.18806195259094