O BNG de Castro suxire ao Concello medidas para loitar contra a crise sanitaria

TerraChaXa
A voceira do BNG en Castro de Rei, Digna Lagarón, suxeriu á alcaldía a vontade que a organización nacionalista ten en pór medidas para paliar os efectos económicos e sociais desta crise sanitaria.
19 Abr 2020

A voceira do BNG en Castro de Rei, Digna Lagarón, suxeriu á alcaldía a vontade que a organización nacionalista ten en pór medidas para paliar os efectos económicos e sociais desta crise sanitaria.

O bloque de Castro de Rei resalta que o COVID-19 xa está a deixar efectos económicos e sociais tanxibles en moitas familias, sobre todo aquelas formadas por traballadoras e traballadores - empregados ou autónomos- de sectores que agora a súa actividade está fechada, como por exemplo o comercio ou a hostalería.

Estas medidas de carácter fiscal perseguen xerar tranquilidade e seguridade, as que a través de moratorias de impostos relacionados co pagamento de taxas e impostos municipais, como son o imposto de circulación de vehículos como o imposto de bens inmobles (IBI). Tamén a anulación de aqueles recibos de auga, lixo e saneamento para colectivos que por mor da crise sanitaria tiveran que fechar os seus negocios.

Digna Lagarón declarou “ o goberno municipal de Castro de Rei posúe ferramentas para aplicar este tipo de medidas, as que cremos que son xa necesarias para a nosa veciñanza” ao que a voceira resaltou “dende o Concello, todas as que temos responsabilidades políticas temos que sumar para poñer freo aos efectos desta crise”

Neste sentido, o BNG de Castro de Rei insta ao goberno municipal axir as ferramentas que existen en canto ao adianto destas partidas económicas que a Deputación de Lugo fixo público.

0.13356113433838