O BNG de Cospeito propón bonificacións sobre instalacións de paneis solares

TerraChaXa
Moción sobre a inclusión de bonificacións na ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre construcións, instalacións e obras de Cospeito
paneis solares explotacions agricolas gandeiras
24 Nov 2021

Yolanda García Cabana, integrante do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG), presenta unha moción na que pide a inclusión na Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras de paneis solares do Concello de Cospeito da bonificación de ata un 95 por cento.

Segundo explica, "a poboación en xeral está neste último ano a sufrir subidas de prezos no que se refire a economia persoal de forma abrumadora. A suba dos combustibles fósiles, a electricidade e a falta de microchips, son as principais causantes de que suba: a cesta da compra(na que se incluo todo alimento basico para a subsistencia), os prezos dos cereais, o aumento de custo dos transportes, o aumento de custo de man de obra, etc".

Engade que todo isto explica un pouco a dependencia que a sociedade temos agora mesmo da enerxía eléctrica, "non só na iluminación de uso diario, senón tamen en máquinas do ambito industrial, todas as instalacións das explotacións gandeiras, as instalacións de todas as pequenas e medianas empresas, ordenadores, móbiles,.. e un longo etc.. En definitiva case todo o que nos proporciona productividade nos nosos traballos e confort no noso fogar consume electricidade".

Considera o BNG que o Concello de Cospeito debe velar polos problemas actuais e vindeiros e axudar aos veciños poñendo as armas que a propia lexislación nos permita. "Neste senso podemos aliviar o custe das instalacións de sistemas de autoconsumo fotovoltaico que axudaran  que a dependencia das redes eléctricas comuns sexa menor. Conseguindo así unha maior contribución ao medio ambiente e proporcionar aforros significativos na factura da electricidade", di.

Avanzan que na ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras do Concello de Cospeito non aparecen reflectidas ningunha bonificación que ampara, polo que propón unha bonificación de ata un 95 por cento a favor das construcións, instalacións nas que se incorporen sistemas de aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar.

0.15218782424927